xograr

Benvida/o á bitácora do Departamento de Música do IES Pintor Colmeiro (Silleda). Esta bitácora pretende ser un foro aberto para compartir coñecementos sobre a Música. Iremos incorporando material didáctico para que poidas descargar, enlaces a outros lugares da rede e diversas propostas de traballo. Pero isto só poderá funcionar se contamos coa túa colaboración. De ti depende que esta viaxe chegue a bo porto. Ultreia!

21.10.06

Angeles Gulin sings

A soprano galega Ángeles Gulín canta "In questa reggia" da ópera Turandot de G. Puccini.

28.4.06

23.4.06

De mudanza

A partir de agora cambiamos de enderezo:

http://xograr.blogaliza.org

9.6.05

libros en galego

Para avanzados. Podes dispor dos tratados de harmonía, de contrapunto e de fuga de Michel Baron traducidos ao galego, con exemplos en formato midi. Preme aquí para consultalos.

24.1.05

Coro xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia

A Orquestra Sinfónica de Galicia súmalles a creación do Coro Novo aos seus dous proxectos corais: o Coro da Sinfónica de Galicia e os Nenos Cantores. Os/as que desexen participar nesta nova aventura vogal poderán facelo presentando a súa solicitude nas oficinas da OSG, no Pazo da Ópera da Coruña, ata o día 28 de xaneiro de 2005 ás 14 horas. As probas faranse o día 29 de xaneiro de 2005 na Sala de Cámara do Palacio ás 11 horas e nelas actuará como presidente do tribunal o director do Coro da OSG Joan Company Florit. As bases da convocatoria e a instancia oficial para participar nas probas de selección están dispoñibles para a súa descarga na web da OSG.

20.12.04

Morreu Renata Tebaldi


Renata Tebaldi foi unha das grandes damas da escena lírica do século XX. Trátase dunha soprano lírica especializada en óperas de Verdi. Foi a gran rival de María Callas. Naceu en Pésaro en 1922 e participou na inauguración de La Scala en 1944 despois da súa reconstrución.

5.12.04

Histórico triunfo da banda de Merza


A Banda Artística de Merza foi a gañadora do Certame Internacional de Bandas de Música de Altea (Alacante). Trátase da primeira banda de fóra de Valencia que o consegue. O seu director é Xosé Rodríguez Ramos. É a banda máis antiga de Galicia, xa que a súa fundación data de 1828, sendo Anselmo González o primeiro director do que se ten constancia. Na actualidade conta cuns cen compoñentes. Aquí poderás saber algo máis da historia desta agrupación.