... e finalmente cantou

Chegou e desfixo os rumores sobre a cancelación do concerto anterior. Angela Gheorghiu deixounos un memorábel concerto coa súa especialidade, arias de ópera italiana que van do bel canto (Bellini) ata o verismo (Leoncavallo, Puccini) sen esquecer o gran Verdi. Desta vez acompañouna a Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Fernando Malheiro. Podes ler o publicado por La Voz de Galicia e por El Ideal Gallego
2 Comments:
At 11:32 AM,
felipe de oleiros said…
Outra vez máis Anghela Ghiorgiu está de actualidade. Nesta ocasión, a cantante tivo que suspender a súa actuación na Coruña porque según ela estaba enferma e non podía actuar. Esta vez parece ser certo, pero esta diva xa é cuestionada por moitas persoas que fixeron desplazamentos gastando moito diñeiro. Debido as cancelación de tantos concertos, a xente empeza a estar descontenta, aínda que unha vez escoitado o concerto o único que oímos dela, é que é magnífica.
Este comportamento fai, sen dúbida, que a cantante sea cuestionada pero por outra banda vemos que pode ser unha estratexia comercial. Anghela, aínda que de vez en cando suspenda un concerto, é unha muller artista de séu.
At 11:40 AM,
cris_piano said…
A noticia de que a gran interprete Angela Gheorghiu estaría nas nosas terras galegas interpretando arias de diversas óperas italianas conmocionou a moita xente do mundo da música.Días despois, a noticia que tanta espectación creara, veuse abaixo; xa que Gheorghiu viuse afectada pero un "suposto" problema de saude que lle fixo cancelar o concerto tan esperado.Escribín "suposto" xa que a famosa soprano ten cancelado máis concertos ao longo da súa carreira musical ás veces por motivos que para o público son inxustificables. Pero ¿Onde están os límites entre a profesionalidade e o capricho persoal? Dende o meu punto de vista, cada músico ten os seus obxectivos e cada un pon unhas condicións que dependen del soamente. Non se pode comparar un músico do calibre de Baremboin, Cobos, Pires, Gheorghiu, e outros moitos; (que contan cun gran respaldo económico que lle permite estar nos mellores escenarios, coas mellores orquestras,co mellor decorado...)con músicos que inda que poidan ter o seu mesmo nivel, non poden facer as cousas como desexarían por mor da economía e de que non son moi coñecidos. Aquí está o tema ¿é moral suspender un concerto porque ao cantante non lle gusta o decorado, ou porque a orquetas non o fai coa calidade que a obra require? Como xa dixen o límite pono o artista.Volvendo ao tema de Angela; eu acepto todos os motivos que ela nos deu cada vez que quería aplazar un concerto, xa que o facía polo seu ben e polo noso, pero hai que saber realmente se son certos, e iso so o sabe ela.
Hai que ser un músico completo
Enviar um comentário
<< Home