xograr

Benvida/o á bitácora do Departamento de Música do IES Pintor Colmeiro (Silleda). Esta bitácora pretende ser un foro aberto para compartir coñecementos sobre a Música. Iremos incorporando material didáctico para que poidas descargar, enlaces a outros lugares da rede e diversas propostas de traballo. Pero isto só poderá funcionar se contamos coa túa colaboración. De ti depende que esta viaxe chegue a bo porto. Ultreia!

12.10.04

O divismo hoxe

A soprano romanesa Angela Gheorghiu tiña previsto dar un recital na Coruña o pasado 30 de setembro organizado pola Asociación de Amigos da Ópera. Este recital foi cancelado a última hora dado que a cantante afirmaba estar enferma. Este dato non tería importancia en calquera outra persoa, pero o historial desta artista fixo sospeitar a moita xente que non había tal enfermidade. Le o publicado polo xornal La Voz de Galicia sobre a súa chegada e sobre a cancelación do recital. Agardamos pola túa opinión.

1 Comments:

  • At 10:47 AM, Anonymous Anónimo said…

    Outra vez máis Anghela Gheorgiu está de actualidade. Nesta ocasión, a cantante tivo que suspender a súa actuación na Coruña porque, segundo ela, estaba enferma e non podía actuar. Esta vez parece ser certo, pero esta diva xa é cuestionada por moitas persoas que fixeron desplazamentos gastando moito diñeiro. Debido ás cancelación de tantos concertos, a xente empeza a estar descontenta, aínda que unha vez escoitado o concerto o único que oímos dela, é que é magnífica.
    Este comportamento fai, sen dúbida, que a cantante sea cuestionada pero por outra banda vemos que pode ser unha estratexia comercial. Anghla, aínda que de vez en cando suspenda un concerto, é unha muller artista de seu.
    Felipe de Oleiros

     

Enviar um comentário

<< Home