xograr

Benvida/o á bitácora do Departamento de Música do IES Pintor Colmeiro (Silleda). Esta bitácora pretende ser un foro aberto para compartir coñecementos sobre a Música. Iremos incorporando material didáctico para que poidas descargar, enlaces a outros lugares da rede e diversas propostas de traballo. Pero isto só poderá funcionar se contamos coa túa colaboración. De ti depende que esta viaxe chegue a bo porto. Ultreia!

8.11.04

Instrumentos tradicionais

Gaita, zanfona, tamboril... son algúns instrumentos tradicionais galegos que seguro que coñeces, pero se oes falar de birimbao ou de tarrañolas, saberías de que se trata? Aquí terás unha boa descrición e mesmo fotos dalgúns deles.