xograr

Benvida/o á bitácora do Departamento de Música do IES Pintor Colmeiro (Silleda). Esta bitácora pretende ser un foro aberto para compartir coñecementos sobre a Música. Iremos incorporando material didáctico para que poidas descargar, enlaces a outros lugares da rede e diversas propostas de traballo. Pero isto só poderá funcionar se contamos coa túa colaboración. De ti depende que esta viaxe chegue a bo porto. Ultreia!

1.11.04

O personaxe do mes: AS ORQUESTRAS GALEGAS

Galicia conta con dúas importantes orquestras. Trátase da Orquestra Sinfónica de Galicia, con sede na Coruña, e a Real Filharmonía de Galicia, en Santiago de Compostela. Os seus directores titulares son Víctor Pablo Pérez e Antoni Ros Marbá. Nas súas páxinas web podes localizar a programación para esta temporada.