xograr

Benvida/o á bitácora do Departamento de Música do IES Pintor Colmeiro (Silleda). Esta bitácora pretende ser un foro aberto para compartir coñecementos sobre a Música. Iremos incorporando material didáctico para que poidas descargar, enlaces a outros lugares da rede e diversas propostas de traballo. Pero isto só poderá funcionar se contamos coa túa colaboración. De ti depende que esta viaxe chegue a bo porto. Ultreia!

24.1.05

Coro xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia

A Orquestra Sinfónica de Galicia súmalles a creación do Coro Novo aos seus dous proxectos corais: o Coro da Sinfónica de Galicia e os Nenos Cantores. Os/as que desexen participar nesta nova aventura vogal poderán facelo presentando a súa solicitude nas oficinas da OSG, no Pazo da Ópera da Coruña, ata o día 28 de xaneiro de 2005 ás 14 horas. As probas faranse o día 29 de xaneiro de 2005 na Sala de Cámara do Palacio ás 11 horas e nelas actuará como presidente do tribunal o director do Coro da OSG Joan Company Florit. As bases da convocatoria e a instancia oficial para participar nas probas de selección están dispoñibles para a súa descarga na web da OSG.