tag:blogger.com,1999:blog-8352924.post109879237853829715..comments2007-04-15T23:14:48.455+02:00Comments on xograr: ... e finalmente cantouxograrnoreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-8352924.post-1101379239662255202004-11-25T11:40:00.000+01:002004-11-25T11:40:00.000+01:00A noticia de que a gran interprete Angela Gheorghi...A noticia de que a gran interprete Angela Gheorghiu estaría nas nosas terras galegas interpretando arias de diversas óperas italianas conmocionou a moita xente do mundo da música.Días despois, a noticia que tanta espectación creara, veuse abaixo; xa que Gheorghiu viuse afectada pero un "suposto" problema de saude que lle fixo cancelar o concerto tan esperado.Escribín "suposto" xa que a famosa soprano ten cancelado máis concertos ao longo da súa carreira musical ás veces por motivos que para o público son inxustificables. Pero ¿Onde están os límites entre a profesionalidade e o capricho persoal? Dende o meu punto de vista, cada músico ten os seus obxectivos e cada un pon unhas condicións que dependen del soamente. Non se pode comparar un músico do calibre de Baremboin, Cobos, Pires, Gheorghiu, e outros moitos; (que contan cun gran respaldo económico que lle permite estar nos mellores escenarios, coas mellores orquestras,co mellor decorado...)con músicos que inda que poidan ter o seu mesmo nivel, non poden facer as cousas como desexarían por mor da economía e de que non son moi coñecidos. Aquí está o tema ¿é moral suspender un concerto porque ao cantante non lle gusta o decorado, ou porque a orquetas non o fai coa calidade que a obra require? Como xa dixen o límite pono o artista.Volvendo ao tema de Angela; eu acepto todos os motivos que ela nos deu cada vez que quería aplazar un concerto, xa que o facía polo seu ben e polo noso, pero hai que saber realmente se son certos, e iso so o sabe ela. <br /><br />Hai que ser un músico completocris_pianohttp://www.blogger.com/profile/06002493799345675638noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-8352924.post-1101378773392171912004-11-25T11:32:00.000+01:002004-11-25T11:32:00.000+01:00Outra vez máis Anghela Ghiorgiu está de actualidad...Outra vez máis Anghela Ghiorgiu está de actualidade. Nesta ocasión, a cantante tivo que suspender a súa actuación na Coruña porque según ela estaba enferma e non podía actuar. Esta vez parece ser certo, pero esta diva xa é cuestionada por moitas persoas que fixeron desplazamentos gastando moito diñeiro. Debido as cancelación de tantos concertos, a xente empeza a estar descontenta, aínda que unha vez escoitado o concerto o único que oímos dela, é que é magnífica.<br />Este comportamento fai, sen dúbida, que a cantante sea cuestionada pero por outra banda vemos que pode ser unha estratexia comercial. Anghela, aínda que de vez en cando suspenda un concerto, é unha muller artista de séu.felipe de oleiroshttp://www.blogger.com/profile/09320131955507667882noreply@blogger.com